Actividades 2018-2019 Logo
  • Segundo RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa,  a consellería apoia á creación e ao funcionamento das escolas de nais e pais reguladas pola Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa. por todo iso constitúese no centro unha Escola de Pais e Nais para satisfacer unha demanda crecente. 

    A finalidade e de xerar un punto de encontro entre profesionais de diferentes ámbitos educativos co gallo de fornecer a relación directa entre familia escola sobre temáticas de interese no centro educativo. Por todo iso o Dpto. de Orientación programa unha serie de charlas baixo unha temática para este curso 2018-2019

    • Temática Escola de Pais/Nais "Disciplina Positiva"2018-2019 
    • Educación respectuosa baixo os principios da Disciplina positiva

      A disciplina positiva é unha filosofía que proporciona ferramentas ás familias para guialos no proceso de educación dos seus fillos e fillas de forma efectiva e duradeira, para ser firmes e agarimosos ao mesmo tempo. Ten as súas orixes nos anos 20 nas ideas de Adler, Psiquiatra infantil, xunto con Dreikurs. Foi sistematizada a partir dos anos 80 por Jane Nelsen e ata o momento actual compróbase o beneficio desta maneira de educar.

      Os cinco criterios a ter en conta segundo a autora Jane Nelsen son:

      1. Ser amable e firme ao mesmo tempo (respectuosa e motivadora)
      2. Axuda aos nenos para sentirse importantes (Conexión)
      3. É eficaz a longo prazo
      4. Ensina valiosas habilidades para a vida (Respecto, habilidade para resolver problemas, participación, colaboración, responsabilidade…)
      5. Axuda a que os nenos desenvolvan as súas capacidades e sexan conscientes de elas

      É importante asistir a todas as sesións xa que a as actividades é preciso darlle continuidade. Estades todos invitados. Vos esperamos.

    • Inscríbete nos nosos obradoiros da Escola de Pais do centro  
    • Actividades 2018-2019

      Dpto. Orientación do CEIP de LAREDO
      Actividades 2018-2019
    • Should be Empty: